Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Café Procope, 1686: Na Galiza, en galego: Conflito Lingüístico

07/02/2009

Na Galiza, en galego: Conflito Lingüístico



Tras anos e anos loitando pola mellora da situación da lingua na nosa nación, o sistema educativo segue a ser unha maquinaria perfectamente engraxada para provocar a migración cara ao espanhol dos nenos e nenas galegofalantes. Esa é unha parte da teimuda realidade lingüística que vive o noso país.


E manhá, domingo, convocada umha manifestación en Compostela a prol da "liberdade lingüística", apoiada, por suposto, polos partidos anti-pluralidade estatal e de ideoloxías moi conservadoras, por dicilo relaxadamente, UPyD e PP.

Partidos que se chegan ao poder en Marzo querer derrogar a lei de Normalización Lingüística do 1983 e que regula a adecuación do galego á súa sociedade tralos desastres centralistas en canto ao idioma do franquismo...

Triste, moi moi triste.

E déixovos as incribeis verbas que dixo esta muller, Gloria Lago, presidenta de "Galiza Bilingüe" triste, moi moi moi triste...

"Estudian en una lengua que no es la suya.Cuando mi hijo prepara un libro de Conocimiento del Medio se lo tengo que traducir. Cuando coge la hoja en gallego tarda muchísimo. Le traduzco los apuntes a mi hijo y dice «¡Qué gusto!»."

"Tenemos que cambiar el chip. Las personas estamos en el mundo para ser felices y la Administración tiene que facilitarnos la vida. ¿Por qué tenemos que conocer una de las dos lenguas a un nivel determinado? Si siempre nos hemos entendido..." ( referíndose á non importancia de saber galego )

E xa non ponho máis, creo que xa é mais que suficiente para facerse umha idea...
Para contrarestar todo iso, Manuel María, cun poema que defende o que hai que defender, a nosa lingua, o galego, que como di Castelao, "se aínda somos galegos e por obra e graza do idioma"


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.

se queremos vencer!

(A fala - Manuel María)

4 comentários:

  1. Es una pena sí, la política da bastante asco en sí, no se que interés puede haber en "no aprender" una lengua y más con las facilidades que se pueden tener en un territorio bilingüe como es Galicia.

    Muchos no son coscientes de lo afortunados que sois en ese sentido, cualquiera que pretenda monopolizar el idioma en Galicia a favor de una única lengua (ya sea Castellano o Gallego) se está perjudicando tanto así mismo como a la gente que le rodea.


    Un saúdo.

    Trencavel

    ResponderExcluir
  2. Probablemente todas estas señoras de mediana idade que levan pancartas de "Galicia bilingüe" non teñan razóns para tan iracunda protesta. Pero o que é verdade é que os que as agreden, as insultan e as ameazan perden ipso facto toda a súa razón.

    ResponderExcluir
  3. E lo esa muller non se deu conta da contadición na que incorriu no seu descurso???
    por unha banda di que lle ten que traducir os apuntamentos de coñecemento do medio ós seus fillos, e despois espeta "Si siempre nos hemos entendido". É coma se a vira e a oíra agora mesmo, a típica señora-loro (man de recebo, peles de imitación) cunha alternancia de peche e abertura nas vogais medias que supera incluso a miña...

    Disfrázanse de liberdade cando son restrición, piden un respecto que non nos dan, queren protexer ó xigante de pedra do pequeno grilo que está a piques de ser esmagado... son os promotores do mundo ó revés, pero a min, e a moitos máis coma min, ninguén, NINGUÉN, nos vai da-la volta.

    Iria

    ResponderExcluir
  4. ai, q puxen contadición... quixen dicir contradición... supoño que estará cheo de erratas, pero cando encendo non paro...

    Iria

    ResponderExcluir