A segunda actualización non podería ser outra. Fausto, obra cume de Goethe e umha das obras máis destacadas e influíntes da historia da literatura universal. Obra que, para mín, é moi moi especial.
Actualizo con esta obra por se alguén non a conhece. É básico o seu conhecemento mais é aínda máis básica a súa lectura. Déixovos o comezo, un dos mellores monólogos da historia da literatura. Inda por riba, deixoa en galego.
Disfrutadea ;)
¡ai! Estudei Filosofía,
Xurisprudencia e Medicina
e, endemal, tamén Teoloxía
ben a fondo e con ardente esforzo.
E velaquí estou, pobre tolo,
non máis sabido ca denantes;
chámanme mestre, mesmo doutor,
e levo desde hai xa dez anos
aos meus alumnos do nariz
para arriba e para abaixo
e dunha banda para outra...
¡E vexo que nada podemos saber!
Eso case me queima o corazón.
É certo que eu sei moito máis
ca todos eses parvos, doutores, mestres,
escritores e curas; non me atormenta
dúbida nin escrúpulo e non teño
medo do inferno nin do Diaño...
Pero tamén perdín toda a alegría,
penso que nada sei a dereitas
nin que poida ensinar cousa algunha,
mellorar aos homes e convertilos.
Tampouco teño bens nin diñeiro
nin honores nin gloria mundana.
¡Un can non querería vivir máis así!
Por esa razón dediqueime á maxia
por ver se a forza e a voz do espírito
me revelarían algún misterio;
que non tivese xa que dicir
con aceda suor o que non sei;
para coñecer o que o mundo
acocha no seu interior,
ollar as forzas actuantes
e os xermes, e non ter que andar máis
a remexer verbas baleiras.
¡Ouh, claro luar, se ti ollases
por última vez a miña mágoa!
Ti a quen agardei a cotío
ata a medianoite onda este pupitre.
Aparecías entón, triste amigo,
enriba de libros e papeis.
¡Ai! se eu puidese polos outeiros
camiñar á tua luz amada,
planar arredor das covas
do monte canda os espíritos,
vagar polas pradeiras á túa lene luz,
xa liberado de toda a fumarada
de saber e recobrar a saúde
bañándome no teu orballo.
¡Ai dor! ¿É que sigo neste cabozo?
Maldito burato afogado
onde mesmo a tan amada
luz do ceo chega embazada
a través de vidros pintados.
Cercado desta morea
de libros cubertos de pó,
que os vermes rillan, e un papel
afumado envolve ata o cumio
da bóveda; e todo arredor
vasos e caixas e unha chea
de instrumentos de toda caste,
revoutallo dos antergos...
¡Eis o teu mundo! ¡E chámano un mundo!
¿E aínda preguntas por que o corazón
che aperta angustiado no peito?
¿Por que unha dor inexplicable
couta en ti todo pulo de vida?
En vez da natureza viva
na que Deus creara aos homes
só te rodean fume e balor,
carcasas de animais e ósos humanos.
¡Fuxe! ¡En pé! ¡Cara á vasta terra!
E este libro misterioso
da propia man de Nostradamus
¿non é para ti guía dabondo?
Coñecerás entón o curso
das estrelas, e se a natureza
cho ensina, xurdirá en ti
a forza da alma coa que un espírito
fala con outro. Non penses
que o seco matinar sexa capaz
de explicarche os signos sagrados.
Vós, espíritos, que planades
a carón de min, respondédeme
se por ventura me escoitades.
(Abre o libre e mira o signo do Macrocosmo)
¡Ah! ¡que ledicia xorde, ao que esto vexo,
de súpeto por todos os meus sentidos!
Un novo e santo gozo de vivir
córreme ardente por nervios e por veas.
¿Foi un deus quen escribiu estes signos
que acalman a miña furia interior,
que de alegría enchen o pobre corazón
e as forzas da natura con misterioso pulo
desvelan ao meu arredor?
¿Son eu un deus? ¡Todo se me volve tan claro!
Eu vexo nestes riscos puros
exposta diante da miña alma
a natura fecunda. Por fin
enxergo agora a xeito o dito do sabio:
«O mundo dos espíritos non está pechado;
¡o teu sentido si, morto o teu corazón!
Érguete, discípulo, e vai bañar axiña
o peito terrenal nos roibéns do mencer».
(Contempla o signo)
¡Como todo se tece para formar o Todo,
cada un obra e vive no outro!
¡Como as forzas do ceo soben e baixan
e se pasan os baldes de ouro!
Con ás que recenden a bendicións
desde o ceo cruzan a través da terra
deixando un ronsel de harmonías.
¡Que espectáculo! Pero ¡ai! só un espectáculo.
¿Onde te podo apreixar, Natureza infinita?
¿Onde, vós peitos? Vós, fontes de toda vida,
das que penden o ceo e a terra
e contra as que se aperta este peito murcho...
enchédesvos a eito e dades a beber
¿e eu debo, logo, consumirme en van?
(Pasa encabuxado varias follas de libro e dexerga o signo do Espírito da Terra.)
¡De qué distinto xeito obra este signo en min!
Ti, Espírito da Terra, estás máis ao meu carón;
xa sinto as miñas forzas medrar, coma se ardesen
cun viño novo. Azos teño agora
para aventurarme polo mundo adiante,
para aturar toda a dor e toda a dita
da Terra, para loitar coas treboadas
e non tremer co escachamento do naufraxio.
Unha nube formouse encol de min...
a lúa acocha a súa luz...
a lámpada devece.
Xorden vapores... lóstregos vermellos
cruzan en torno á cabeza... e da bóveda
baixa un arrepío que me apreixa.
Eu ben o sinto, Espírito a quen prego,
ti estás a pairar ao meu redor.
¡Maniféstate!
¡Ah! ¡como se me racha o corazón!
Cara novos sentimentos
todos os meus sentidos se alporizan.
Sinto o meu corazón a ti rendido.
¡Faino, si, faino, anque me custe a vida!
(Colle o libro e pronuncia misteriosamente o signo do Espírito da Terra. Xorde unha labarada vermelliza e nela aparece o Espírito)."
¿Por dónde empezar? mmm empecemos por el principio entonces ¿no?
ResponderExcluirFausto... una obra singular, como singular es mi impresión de ella desde que nos conocemos, que difícil es quedarse con un solo pedacito de este fragmento, ¿cómo puedo conformarme yo entonces con haberme leído entonces lo que me leí de ella? :(
Paciencia, no queda otra, se que cuando se pueda será mucho mejor que ahora, antes tampoco podía esperar a sellarlo de tinta carmesí, todo se andará este verano. =)
Ya casi tengo terminadas las entrevistas, me falta matizar más alguna pregunta y hacer la redacción a limpio, aunque si prefieres esperar mejor a 4 semanas, por mí no hay prisa. ;)
También te tengo comentar que... una personilla accedió a tener una conversación con los dos, no te diré quien es, es probable que no sea hasta dentro de unas semanas tampoco, sí ya sé que a veces "soy lo peor" entre otras cosas por dejarte con la intriga de esta manera, pero ¿a caso no es la vida más interesante con un poco de misterio? ^^
En fin ¿qué más? pues que para conseguir algo, ayuda mucho creer que se puede conseguir :P
Un saludo Den, que descanses y espero que fuese bien con la profa. :)
Trencavel.
PD: al final no dije nada de fonología y de estudiar, ¡ups! XDDDD
Empezaches forte rapaz! (:
ResponderExcluirQue che vaia ben nisto dos blogs! Seguireiche, por suposto!
Un bico!