Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Café Procope, 1686: Fai 200 anos, Charles Darwin

15/02/2009

Fai 200 anos, Charles Darwin


De novo aniversario da morte dumha persoa que marcou a forma de ver a realidade xa fai 200 anos... Charles Darwin.
Na minha opinión, nunca chegaremos a saber en realidade todo o que puido supor no seu momento que a teoría de Darwin saira á luz... Umha igrexa aínda con moita forza, cun forte afán de reivindicación creacionista... e de repente, umha persoa que rompe con todas as súas teorías dende fai miles de anos... O home ven do mono! imaxinádevos como puido sentar na igrexa e na sociedade en sí que se dixera iso...

Mais aínda que xa pareza que é algo aceptado por todo o mundo, polas súas evidencias científicas, aínda hai quen cree no creacionismo, por exemplo, o inepto e fascista ex presidente dos EEUU, George Bush fillo.

Porén, incluso a igrexa, con Juan Pablo II, aceptou a teoría evolucionista ( non podían seguir obviando a realidade máis tempo... )

E nada máis, parecíame que Darwin era moi merecedor da súa pequena parte neste blogue... e máis aínda cumplíndose 200 anos da súa morte.

Un saúdo cordial

2 comentários:

  1. Bueno Den exactamente el hombre no viene del mono (suborden de los simios) si no de un primate ancestral del cual derivarían los actuales humanos (homo sapiens sapiens) y monos (simios), es una idea bastante extendida que mucha gente desconoce, yo mismo tenía esta misma percepción errónea antes de dar el proceso de hominización en Prehistoria...

    En cuanto a Juan Pablo II yo creo que no hay por qué quitar mérito a su labor, Juan Pablo tuvo unas actitudes intelectuales y emocinales notables, no me parece casualidad que fuese precisamente él quien lo anunciara.


    Un saludo Den, suerte para mañana.

    Trencavel.


    PD: hoy estuve presente en una conferencia organizado por la UCLM con la narración y comentarios de poemas de Pablo García Baena por él mismo en persona. ^^

    ResponderExcluir
  2. Darwin foi atacado da forma máis cruel, non só pola igrexa, senón pola sociedade en xeral.

    Un par de exemplos:

    http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/Naturales/02/darwin-mono.jpg

    http://www.puertachile.cl/img/darwin_mono.jpg

    Para min, Darwin, ademais dos seus innegábeis contributos á ciencia, supuxo un fito ao ser dos primeiros homes occidentais modernos en fuxir das cosmovisións teo-//antropo-céntricas para colocar o home no sitio que lle corresponde, fóra de paradigmas relixiosos "...a su imagen y semejanza..." que lle dan unha especificidade que bioloxicamente non merece (polo menos no que á súa orixe se refire).
    O valor que teñen para o proceso introspectivo no ser humano as teorías Darwinistas é algo que non sempre é tido en conta.

    Ese foi o gran contributo de Darwin, o que fixo que o atacaran e ridiculizaran, tomar a ciencia por si mesma e, fóra de prexuízos (auto-)impostos, publicar o que os seus resultados amosaban.

    Darwin, Copernico, Galileo... A pesar dos dogmas de fé... "eppur si muove".

    ResponderExcluir