Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Café Procope, 1686: 02/2009

28/02/2009

Por Galiza, vota


Domingo 1 de Marzo, eleccións nacionais. Non quero meter no blogue campanha política algumha...

Mais si me gustaría decir... que á hora de votar, non vos deixedes levar por certas voces e sobre todo, non fagades caso de moito do que din certas forzas atemporais...

Votade por e para Galiza.


Sempre ceibes.


Un saúdo companheiros/as.

24/02/2009

Xa van 172 anos do nacemento de Rosalía...


Tal día como o de hoxe, fai 172 anos naceu nos arrabaldes de Compostela a poetisa máis grande da literatura galega e porque non dicilo, a maior poetisa da historia da literatura universal, Rosalía de Castro.
Escritora de Padrón, pobo do que con grande orgullo podo dicir que son tamén eu. Sempre se sentíu padronesa, grandes poemas nas orillas do sar...

Poetisa que rachou cos séculos escuros da literatura galega coa publicación, xa por todos sabido, de Cantares Gallegos no 1863.

Sen máis, disfrutade duns cachinhos de poemas... o último... na honra de Padrón, por sempre, pobo único e bohemio...


Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequeños;
adiós, vista d'os meus ollos,

non sei cándo nos veremos.


Miña terra, miña terra,
terra donde m'eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.




Airiños, airiños aires,
airiños d'a miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime á ela.

Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta;
qu'adonde queira que vaya
cróbeme unha sombra espesa.




¡Padrón!... ¡ Padrón!
Santa María... Lestrove...
¡Adios! ¡Adios!


Aquelas risas sin fin,


aquel brincar sin dolor,


aquela louca alegría,


¿por qué acabóu?


Aqueles doces cantares,


aquelas falas de amor,


aquelas noites serenas,


¿por qué non son?


Aquel vibrar sonoroso


das cordas da arpa i os sons


da guitarra malencónica,


¿quén os levóu?


Todo é silensio mudo,


soidá, delor,


onde outro tempo a dicha


sola reinóu...

¡Padrón!... ¡ Padrón!
Santa María... Lestrove...
¡Adios! ¡Adios!

22/02/2009

A voz de Machado resoa en Collioure 70 anos despois da súa morte


"Estos días azules y este sol de la infancia" Derradeiros versos de Antonio Machado, atopados no bolsillo do seu pantalón cando... "al partir la nave que nunca ha de tornar, me encontraréis a bordo ligero de equipaje, casi desnudo, como los hijos de la mar".

E así morrería Antonio Machado, sen equipaxe, na máis absoluta penumbra, días antes levando á súa nai no colo cara o exilio dumha espanha a finais da Guerra Civil...

E que dicir de este autor... Un dos meus poetas favoritos, xunto a Rosalía, Byron, Wordsworth e Baudelaire...

E xa para rematar esta pequena homenaxe, déixovos cun par de poemas, dos máis conhecidos, pero tamén dos mellores... disfrutadeos.




Retrato

Mi infancia son recuerdos de un patio de Sevilla,
y un huerto claro donde madura el limonero;
mi juventud, veinte años en tierras de Castilla;
mi historia, algunos casos que recordar no quiero.

Ni un seductor Mañara, ni un Bradomín he sido
—ya conocéis mi torpe aliño indumentario—,
más recibí la flecha que me asignó Cupido,
y amé cuanto ellas puedan tener de hospitalario.

Hay en mis venas gotas de sangre jacobina,
pero mi verso brota de manantial sereno;
y, más que un hombre al uso que sabe su doctrina,
soy, en el buen sentido de la palabra, bueno.

Adoro la hermosura, y en la moderna estética
corté las viejas rosas del huerto de Ronsard;
mas no amo los afeites de la actual cosmética,
ni soy un ave de esas del nuevo gay-trinar.

Desdeño las romanzas de los tenores huecos
y el coro de los grillos que cantan a la luna.
A distinguir me paro las voces de los ecos,
y escucho solamente, entre las voces, una.

¿Soy clásico o romántico? No sé. Dejar quisiera
mi verso, como deja el capitán su espada:
famosa por la mano viril que la blandiera,
no por el docto oficio del forjador preciada.

Converso con el hombre que siempre va conmigo
—quien habla solo espera hablar a Dios un día—;
mi soliloquio es plática con ese buen amigo
que me enseñó el secreto de la filantropía.

Y al cabo, nada os debo; debéisme cuanto he escrito.
A mi trabajo acudo, con mi dinero pago
el traje que me cubre y la mansión que habito,
el pan que me alimenta y el lecho en donde yago.

Y cuando llegue el día del último vïaje,
y esté al partir la nave que nunca ha de tornar,
me encontraréis a bordo ligero de equipaje,
casi desnudo, como los hijos de la mar.


Caminante no hay camino

Caminante son tus huellas
El camino nada más;
caminante no hay camino
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante, no hay camino
sino estelas sobre el mar.
¿Para que llamar caminos
A los surcos del azar...?
Todo el que camina anda,
Como Jesús sobre el mar.

Yo amo a Jesús que nos dijo:
Cielo y tierra pasarán
Cuando cielo y tierra pasen
mi palabra quedará.
¿Cuál fue Jesús tu palabra?
¿Amor?, ¿perdón?, ¿caridad?
Todas tus palabras fueron
una palabra: Velad.
Como no sabéis la hora
En que os han de despertar,
Os despertarán dormidos
si no veláis; despertad.

15/02/2009

Fai 200 anos, Charles Darwin


De novo aniversario da morte dumha persoa que marcou a forma de ver a realidade xa fai 200 anos... Charles Darwin.
Na minha opinión, nunca chegaremos a saber en realidade todo o que puido supor no seu momento que a teoría de Darwin saira á luz... Umha igrexa aínda con moita forza, cun forte afán de reivindicación creacionista... e de repente, umha persoa que rompe con todas as súas teorías dende fai miles de anos... O home ven do mono! imaxinádevos como puido sentar na igrexa e na sociedade en sí que se dixera iso...

Mais aínda que xa pareza que é algo aceptado por todo o mundo, polas súas evidencias científicas, aínda hai quen cree no creacionismo, por exemplo, o inepto e fascista ex presidente dos EEUU, George Bush fillo.

Porén, incluso a igrexa, con Juan Pablo II, aceptou a teoría evolucionista ( non podían seguir obviando a realidade máis tempo... )

E nada máis, parecíame que Darwin era moi merecedor da súa pequena parte neste blogue... e máis aínda cumplíndose 200 anos da súa morte.

Un saúdo cordial

11/02/2009

25 anos da morte dun grande, Julio Cortázar



Julio Cortázar (Bruxelas, 26 de agosto de 1914 — París, 12 de febreiro de 1984) é un dos máis grandes escritores arxentinos de tódolos tempos. Estudou Letras e Maxisterio, traballou na docencia e foi traductor en varias cidades do interior na Arxentina. Trasladouse a París, onde fixou a súa residencia no 1951, para dedicarse á literatura, desenvolvendo unha actividade narrativa única no panorama da lingua castelá.

Parte dos contos de Julio Cortázar constitúen as pezas máis perfectas do xénero. Coa novela Rayuela marcou un antes e un despois na narrativa contemporánea.

Este grande xenio da literatura finou no ano 1984 en París deixando como legado para a humanidade obras mestras literaias.

Contos

* Bestiario, 1951.
* Final de juego, 1956.
* Historias de cronopios y de famas, 1962. Un dos seus relatos, Discurso do Oso, é a primeira obra do aoutor traducida ao galego[1].
* Todos los fuegos el fuego, 1966.
* El perseguidor y otros cuentos, 1967.
* Octaedro, 1974.
* Un tal Lucas, 1979.
* Queremos tanto a Glenda, 1980.
* Deshoras, 1982.

Novela

* Los premios, 1960.
* Rayuela, 1963.
* 62: Modelo para armar, 1968.
* Libro de Manuel, 1973.

Ensaio

* La vuelta al día en ochenta mundos, 1967.



“Nunca quise mariposas clavadas en un cartón; busco una ecología poética, atisbarme y a veces reconocerme desde mundos diferentes, desde cosas que solo los poemas no habían olvidado y me guardaban como viejas fotografías fieles. No aceptar otro orden que el de las afinidades, otra cronología que la del corazón, otro horario que el de los encuentros a deshora, los verdaderos.”

07/02/2009

Na Galiza, en galego: Conflito Lingüístico



Tras anos e anos loitando pola mellora da situación da lingua na nosa nación, o sistema educativo segue a ser unha maquinaria perfectamente engraxada para provocar a migración cara ao espanhol dos nenos e nenas galegofalantes. Esa é unha parte da teimuda realidade lingüística que vive o noso país.


E manhá, domingo, convocada umha manifestación en Compostela a prol da "liberdade lingüística", apoiada, por suposto, polos partidos anti-pluralidade estatal e de ideoloxías moi conservadoras, por dicilo relaxadamente, UPyD e PP.

Partidos que se chegan ao poder en Marzo querer derrogar a lei de Normalización Lingüística do 1983 e que regula a adecuación do galego á súa sociedade tralos desastres centralistas en canto ao idioma do franquismo...

Triste, moi moi triste.

E déixovos as incribeis verbas que dixo esta muller, Gloria Lago, presidenta de "Galiza Bilingüe" triste, moi moi moi triste...

"Estudian en una lengua que no es la suya.Cuando mi hijo prepara un libro de Conocimiento del Medio se lo tengo que traducir. Cuando coge la hoja en gallego tarda muchísimo. Le traduzco los apuntes a mi hijo y dice «¡Qué gusto!»."

"Tenemos que cambiar el chip. Las personas estamos en el mundo para ser felices y la Administración tiene que facilitarnos la vida. ¿Por qué tenemos que conocer una de las dos lenguas a un nivel determinado? Si siempre nos hemos entendido..." ( referíndose á non importancia de saber galego )

E xa non ponho máis, creo que xa é mais que suficiente para facerse umha idea...
Para contrarestar todo iso, Manuel María, cun poema que defende o que hai que defender, a nosa lingua, o galego, que como di Castelao, "se aínda somos galegos e por obra e graza do idioma"


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.

se queremos vencer!

(A fala - Manuel María)

03/02/2009

Fausto, Johann Wolfgang von Goethe


A segunda actualización non podería ser outra. Fausto, obra cume de Goethe e umha das obras máis destacadas e influíntes da historia da literatura universal. Obra que, para mín, é moi moi especial.

Actualizo con esta obra por se alguén non a conhece. É básico o seu conhecemento mais é aínda máis básica a súa lectura. Déixovos o comezo, un dos mellores monólogos da historia da literatura. Inda por riba, deixoa en galego.

Disfrutadea ;)


"Nunha estreita cámara gótica de alta bóveda, Fausto, inquedo, no seu sillón diante do pupitre.

¡ai! Estudei Filosofía,
Xurisprudencia e Medicina
e, endemal, tamén Teoloxía
ben a fondo e con ardente esforzo.
E velaquí estou, pobre tolo,
non máis sabido ca denantes;
chámanme mestre, mesmo doutor,
e levo desde hai xa dez anos
aos meus alumnos do nariz
para arriba e para abaixo
e dunha banda para outra...
¡E vexo que nada podemos saber!
Eso case me queima o corazón.
É certo que eu sei moito máis
ca todos eses parvos, doutores, mestres,
escritores e curas; non me atormenta
dúbida nin escrúpulo e non teño
medo do inferno nin do Diaño...
Pero tamén perdín toda a alegría,
penso que nada sei a dereitas
nin que poida ensinar cousa algunha,
mellorar aos homes e convertilos.
Tampouco teño bens nin diñeiro
nin honores nin gloria mundana.
¡Un can non querería vivir máis así!
Por esa razón dediqueime á maxia
por ver se a forza e a voz do espírito
me revelarían algún misterio;
que non tivese xa que dicir
con aceda suor o que non sei;
para coñecer o que o mundo
acocha no seu interior,
ollar as forzas actuantes
e os xermes, e non ter que andar máis
a remexer verbas baleiras.
¡Ouh, claro luar, se ti ollases
por última vez a miña mágoa!
Ti a quen agardei a cotío
ata a medianoite onda este pupitre.
Aparecías entón, triste amigo,
enriba de libros e papeis.
¡Ai! se eu puidese polos outeiros
camiñar á tua luz amada,
planar arredor das covas
do monte canda os espíritos,
vagar polas pradeiras á túa lene luz,
xa liberado de toda a fumarada
de saber e recobrar a saúde
bañándome no teu orballo.
¡Ai dor! ¿É que sigo neste cabozo?
Maldito burato afogado
onde mesmo a tan amada
luz do ceo chega embazada
a través de vidros pintados.
Cercado desta morea
de libros cubertos de pó,
que os vermes rillan, e un papel
afumado envolve ata o cumio
da bóveda; e todo arredor
vasos e caixas e unha chea
de instrumentos de toda caste,
revoutallo dos antergos...
¡Eis o teu mundo! ¡E chámano un mundo!
¿E aínda preguntas por que o corazón
che aperta angustiado no peito?
¿Por que unha dor inexplicable
couta en ti todo pulo de vida?
En vez da natureza viva
na que Deus creara aos homes
só te rodean fume e balor,
carcasas de animais e ósos humanos.
¡Fuxe! ¡En pé! ¡Cara á vasta terra!
E este libro misterioso
da propia man de Nostradamus
¿non é para ti guía dabondo?
Coñecerás entón o curso
das estrelas, e se a natureza
cho ensina, xurdirá en ti
a forza da alma coa que un espírito
fala con outro. Non penses
que o seco matinar sexa capaz
de explicarche os signos sagrados.
Vós, espíritos, que planades
a carón de min, respondédeme
se por ventura me escoitades.
(Abre o libre e mira o signo do Macrocosmo)
¡Ah! ¡que ledicia xorde, ao que esto vexo,
de súpeto por todos os meus sentidos!
Un novo e santo gozo de vivir
córreme ardente por nervios e por veas.
¿Foi un deus quen escribiu estes signos
que acalman a miña furia interior,
que de alegría enchen o pobre corazón
e as forzas da natura con misterioso pulo
desvelan ao meu arredor?
¿Son eu un deus? ¡Todo se me volve tan claro!
Eu vexo nestes riscos puros
exposta diante da miña alma
a natura fecunda. Por fin
enxergo agora a xeito o dito do sabio:
«O mundo dos espíritos non está pechado;
¡o teu sentido si, morto o teu corazón!
Érguete, discípulo, e vai bañar axiña
o peito terrenal nos roibéns do mencer».
(Contempla o signo)
¡Como todo se tece para formar o Todo,
cada un obra e vive no outro!
¡Como as forzas do ceo soben e baixan
e se pasan os baldes de ouro!
Con ás que recenden a bendicións
desde o ceo cruzan a través da terra
deixando un ronsel de harmonías.
¡Que espectáculo! Pero ¡ai! só un espectáculo.
¿Onde te podo apreixar, Natureza infinita?
¿Onde, vós peitos? Vós, fontes de toda vida,
das que penden o ceo e a terra
e contra as que se aperta este peito murcho...
enchédesvos a eito e dades a beber
¿e eu debo, logo, consumirme en van?
(Pasa encabuxado varias follas de libro e dexerga o signo do Espírito da Terra.)
¡De qué distinto xeito obra este signo en min!
Ti, Espírito da Terra, estás máis ao meu carón;
xa sinto as miñas forzas medrar, coma se ardesen
cun viño novo. Azos teño agora
para aventurarme polo mundo adiante,
para aturar toda a dor e toda a dita
da Terra, para loitar coas treboadas
e non tremer co escachamento do naufraxio.
Unha nube formouse encol de min...
a lúa acocha a súa luz...
a lámpada devece.
Xorden vapores... lóstregos vermellos
cruzan en torno á cabeza... e da bóveda
baixa un arrepío que me apreixa.
Eu ben o sinto, Espírito a quen prego,
ti estás a pairar ao meu redor.
¡Maniféstate!
¡Ah! ¡como se me racha o corazón!
Cara novos sentimentos
todos os meus sentidos se alporizan.
Sinto o meu corazón a ti rendido.
¡Faino, si, faino, anque me custe a vida!
(Colle o libro e pronuncia misteriosamente o signo do Espírito da Terra. Xorde unha labarada vermelliza e nela aparece o Espírito)."