Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Café Procope, 1686: 01/2009

31/01/2009

Comezamos a andaina, Benvidos ao Café Procope


Os cafés literarios son lugares de reunión, de debate, de charla. Alí a xente reúnese por algumha razón. Os asistentes len, charlan, debaten...



No ano 1686, Francesco Procopio dei Coltelli, natural de Palermo, inaugura na rue des Fossés-Saint-Germain, hoxe rue de L´Ancienne Comédie, o Café Procope.

Pronto o lugar convértese en refuxio das personalidades da época e no único café europeo onde as novidosas ideas podían ser comentadas e difundidas con total liberdade.

Diderot, d´Alembert, Rousseau e Voltaire, os creadores da l´Encyclopédie, reuníanse case a diario no Procope; até o punto de que Voltaire instalaría alí mesmo o seu estudio. En moi pouco tempo pasou de ser o primeiro café literario do mundo a converterse no lugar por excelencia da discusión política.

Danton, político que axudaría á destitución do monarca Luis XVI ; Marat, editor da revista L´Ami du Peuple ; Guillotin, Schmitt, Benjamín Franklin ou Robespierre fixeron do café o lugar de reunión en plena Revolución Francesa.


Anos máis tarde o Café Procope vería pasar polas súas salas a intelectuais coma Perrault, un dos máis grandes escritores de literatura infantil ( Carapuchinha vermella, O gato con botas...etc ); Victor Hugo, escritor máis destacado da historia da literatura francesa e un dos máis importantes e influíntes da literatura universal; Teófilo Gauthier, escritor máis importante do Parnasianismo de finais do XIX; Alexandre Dumas, pai de obras do calibre de Os tres mosqueteros ou O conde de Montecristo; George Sand, escritora francesa do XIX, Chopin, un dos máis destacados compositores e pianistas da historia ou Paul Verlaine gran poeta francés pertencente ao decadente Simbolismo.

Xa no século XX outros grandes coma Pablo Picasso, Jean-Paul Sartre, Albert Camus ou Ernest Hemingway, pasarían longos días entre as súas paredes...


Por todo isto, literatura, historia, cultura, revolución, debate... por todo isto, non atopo mellor nome para o blog, e quenes me conhecedes suponho que estaredes dacordo...


Grazas a Luís pola influencia á hora de facer o blog, se non mo dixera, posíbelmente non o tivera feito, ou cando menos, non tan cedo.

Un saúdo a todos, e para rematar, ou máis ven comezar, déixovos o inicio de Os miserables, obra cume da literatura francesa, de Victor Hugo, obra de máis de 1000 páxinas, pero este é o seu comezo, suponho que xa vedes o paralelismo :)



Monseñor Myriel
En 1815, era obispo de D. el ilustrísimo Carlos Francisco Bienvenido Myriel, un anciano de unos setenta y cinco años, que ocupaba esa sede desde 1806. Quizás no será inútil indicar aquí los rumores y las habladurías que habían circulado acerca de su persona cuando llegó por primera vez a su diócesis.
Lo que de los hombres se dice, verdadero o falso, ocupa tanto lugar en su destino, y sobre todo en su vida, como lo que hacen. El señor Myriel era hijo de un consejero del Parlamento de Aix, nobleza de toga. Se decía que su padre, pensando que heredara su puesto, lo había casado muy joven. Se decía que Carlos Myriel, no obstante este matrimonio, había dado mucho que hablar. Era de buena presencia, aunque de estatura pequeña, elegante, inteligente; y se decía que toda la primera parte de su vida la habían ocupado el mundo y la galantería.
Sobrevino la Revolución; se precipitaron los sucesos; las familias ligadas al antiguo régimen, perseguidas, acosadas, se dispersaron, y Carlos Myriel emigró a Italia. Su mujer murió allí de tisis. No habían tenido hijos. ¿Qué pasó después en los destinos del señor Myriel?